Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Nov
11

Balance de reclamacións na OMIC

OMIC

Para quen non estea ó tanto, no concello de Boiro temos unha Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC) á cal vos podedes dirixir tódolos cidadáns do Cabo da Cruz e en xeral de todo o concello. O seu horario de atención é de 8:00 a 15:00 no concello.

Esta oficina existe dende fai tempo para facer calquera reclamación que vexades convinte facer sobre calquera descontento que teñades con algún producto ou servizo ofrecido polas empresas ós usuarios finais que sodes vós, os consumidores.

Relatan dende Boiro que no que vai deste ano 2009, a meirande parte das queixas teñen que ver coas compañías telefónicas que non atenden correctamente ó usuario. Tamén o tema de internet está petando con forza nos impresos da OMIC, xa que na televisión os anuncios son unha cousa, e a realidade que nos mostran é outra. Por iso cando unha compañía de conexión a internet fai un anuncio na televisión hai que fixarse ben nas letriñas pequenas que pasan por debaixo rapidamente para nin se vexan. Ahí é onde hai o gato encerrado.

Este ano, coa aplicación do cambio de tarifa, as eléctricas, e principalmente Unión Fenosa está a ter un protagonismo abrumador con respecto ás queixas e demandas dun servizo e dunhas facturas que non se corresponden en moitos dos casos. Porén os consumidores expresan o seu descontento e malestar a través desta oficina.

En menor medida, esta entidade tamén recibe queixas do pequeno comercio local, pero na meirande parte dos casos resólvense amistosamente sen ter que facer trámite algún.

Agardo que a xente do Cabo da Cruz, e de ningún outro sitio teñan que acudir a estas oficinas, pois as empresas, e concretamente as multinacionais como poden ser algunhas compañías de teléfonos, enerxía, etc… non teñan queixas deste tipo e saiban solventalas mediante outros mecanismos máis sinxelos e áxiles de cara a nós, ós consumidores.

E ti tes algunha queixa que queiras expresar aquí? Podes contarnos a túa historia con algunha empresa, producto ou servizo mal prestado. Anímate e cóntanos a túa loita polos teus dereitos.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: