Avances no novo muelle do Cabo da cruz
Onte tivo lugar a xuntanza de seguimento das obras do muelle do Cabo da Cruz entre os técnicos da Xunta, os colectivos crucenses e o concello de Boiro. Apuntouse unha novidade nos traballos a través dunha técnica innovadora que vai permitir un aforro no presuposto, así coma un menor impacto ambiental e unha menor perxudicación ó medio ambiente.
Previa a mostra desta innovación, sinalaron que se puxeron enriba da mesa outras medidas alternativas e complementarias para concretar os obxetivos. Todo isto conclíu na colocación dunha pantalla porosa que irá acoplada nos últimos 35 metros do dique norte e estará fixada sobre unha especie de pilotes. Isto é debido ás características do terreo sobre o cal se está traballando. Con isto qué acadaremos? Pois teremos un grao de abrigo considerable cun menor custo e cun menor impacto ambiental, segundo explicaron os técnicos de Portos de Galicia.
Este sistema da pantalla non irá ata o fondo do mar como se puido pensar, xa que a pesares da súa embergadura vai permitir o fluxo das correntes para non desestabilizar así a vida mariña que transcorre por debaixo do xigante abrigo. Tamén fará que a accesibilidade á dársena de abrigo sexa maior sen ter que reducir así o abrigo proporcionado dos ventos do norte.
Como innovación, o porto do Cabo da Cruz, vai ser o pioneiro en Galicia con esta nova estructura tecnolóxica, posto que supón un avance na enxeñería portuaria. E se cadra, a meirande característica é a adaptabilidade, posto que se o «invento» non dá resultado, pode quitarse e deixar o muelle como está para poder facer o abrigo de materiais naturais coma ata o de agora.
Fixación de prazos
Todo isto non vai perxudicar en absoluto ós prazos prefixados no proxecto, indicando así dende a consultoría de Portos que o abrigo estará feito a finais deste ano e reducindo o seu custo case á metade do previsto ó inicio do proxecto. Para rematar a obra en sí, aínda quedan moitas cousas por facer que se irán implantando nestes anos vindeiros como a dotación dos servizos necesarios e a instalación dos pantaláns de atraque. Isto úlitmo será a finais do ano 2011, namentres que en xuño do 2012 xa poderemos dicir que no Cabo da Cruz temos un porto deportivo.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
No día de onte houbo unha xuntanza entre os técnicos de Portos de Galicia, as entidades de C ...
Finalmente podemos ver case a fin deste tira e afrouxa entre as entidades locais do Cabo da ...
Foto: http://www.flickr.com/photos/ladilhao/2497071318/ por cortesía de Luis. Como xa ven ...
Como onte xa se anunciaba, a reunión por parte do concello e entidades locais con portos foi ...
As obras de Portos neste muelle seguen sen convencer ós crucenses dos feitos. Primeiramente ...


