Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
06

Atopan en Murcia un barrio árabe cando querían facer un parking

barrio árabe

Esta nova chéganos dende Murcia onde fai uns meses comezouse levantar o terreo para construir un parking que albergase os coches e mellorase o aparcamento da cidade. Tal foi a sorpresa desta obra que apareceron varios restos arqueolóxicos. Quedou así ó descuberto un barrio árabe dos séculos XII e XIII con todo perfectamente identificable, incluíndo unha mesquita de dito lugar. Todo un patrimonio ó descuberto que pode axudar a refornecer a historia desta cidade.

Entón o goberno local o que quer facer é algo faraónico. Nada máis e nada menos ca levar ladrillo a ladrillo toda barriada árabe e transladala a outro lugar para poder facer ahí o dito aparcamento. Isto sería un pouco razoable con algo normal, pero hai que mober a cantidade de 5.000 metros cadrados de historia murciana, e iso tan só para facer un aparcamento subterráneo. Tamén barallaban a posibilidade de elevar os restos para facer por debaixo o parking e deixar así todo visible. Pero en fin, algún dirixente debe pensar que iso se fai por ordenador cunha simple arrastrada de rato.

Entón agora a polémica está servida en tódolos aspectos, os cidadáns de Murcia están divididos por esta opinión e esta cuestión que é algo primordial e fundamental para a cidade. A todo isto súmaselle a perda xa fai uns anos duns baños árabes que foron demolidos para unha nova construcción na cidade, o que equivale a enterrar a historia dun lugar para dar paso a máis e máis ladrillo e cemento.

Na rede de redes xa temos uns cantos foros e perfiles de Facebook botando fume coas diversas opinións dos murcianos sendo a opción de conservar o patrimonio a máis consolidada entre o pensamento racial dun pobo. Pero como isto leva consigo un lastre político as opinións sempre son diversas.

Muralla na Coruña

Un caso semellante pasa en Galicia, por exemplo na cidade da Coruña coa muralla encontrada tamén nunhas obras que bordean o paseo do castelo de San Antón ata a praza de María Pita. Seguramente debaixo das casas e edificios que hai por alí haberá restos e máis restos antigos da cidade herculina, pero o dilema é tiramos as casas, conservamos as casas e ficamos co que hai? De seguro os coruñeses se porían a debatir o tema polas rúas da cidade.

Castro do Achadizo

Pero aínda máis preto de nós temos outro caso semellante: O Castro do Achadizo, no Campo. Alí podemos observar restos da nosa cultura castrexa que nos amosa unhas cantas vivendas. Expertos na materia afirman que o campo podería ser todo un pobo castrexo que está baixo terra, e que tamén identificaría parte da nosa historia tan cargada de restos arqueolóxicos. E de seguro que por debaixo de nós, das nosas casas, das nosas rúas haberá algo que nin se nos pasaría polos miolos. E nós qué? Tiramos coas casas?, Desaloxamos ós do Campo a outra ubicación?, Deixamos todo como está?

Isto é algo que tan só é unha noticia e unha suposición, pois con este artigo non se pretende fomentar ningún tipo acción perxudicial contra a xente do Campo, pois que che tiren a casa así por así amola bastante, pero cousas coma estas que pasan lonxe de nós fannos pensar que nada está fóra do noso alcance, do alcance do Cabo da Cruz.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Pedro

    Bos dias! Estou dacordo co artigo, de feito, fíxome pensar sobre a cantidade de monumentos e restos arqueolóxicos que se verían afectados ou eliminados polas novas infraestructuras dos nosos tempos.

    Nestes casos que se mostran no artigo, saíron á luz porque non lle quedaba outra, xa que os restos arqueolóxicos atopáronse nunha zona visible da cidade, e claro, tiverona que respetar, xa que si non o pobo vai enrriba dos que mandan. Pero ¿e se os restos da cidade antiga da coruña ou o barrio Árabe de Murcia se atoparan nas aforas e ninguén os vise? Eu creo que os intereses económicos dos que mandan están moi por encima do interés público xeral.

    Máis agora en tempos de crise, é moito máis facil facer ollos cegos a este tipo de xacementos, xa que se os cartos fan falta…

  • Xoan

    Eu casi tamén penso coma ti Pedro, desgraciadamente neste mundo e máis en España os cartos están por encima de todo. O dito de que un quer saúde, cartos e amor vaise reciclar como cartos, cartos e máis cartos… Penso que o que pretende facer o goberno de Murcia de transladar o barrio pedra por pedra e cousas así é unha auténtica tolería, xa que iso dalle unha riqueza á cidade moi importante e fai que se conserve parte da súa identidade histórica.
    Quen sabe os restos que se atoparon por ahí adiante e que se calaron durante moito tempo, que se saquearon e que non os chegamos a ver… Pero agardemos que a nosa historia perdure no tempo o máximo posible, porque como din algúns persoeiros importantes: sabendo do noso pasado poderemos saber do noso futuro.
    Un saúdo!