Inicio > Clube de Remo, Novas > As traíñas chegan ó Cabo da Cruz

As traíñas chegan ó Cabo da Cruz

Sábado, 6 de Febreiro de 2010 Ir os comentarios

Cabo da cruz

Mañá domingo, partires das 12:00 o Club de Remo do Cabo da Cruz organizará a xa tradicional “travesía de traíñas” que dará lugar á xuntanza dunha morea de embarcacións procedentes de distintos puntos da xeografía galega. O percorrido terá dun quilómetro e medio aproximadamente que partirá dende o muelle novo do Cabo da Cruz ata o Faro da Ostreira.

O evento consistirá en batir o mellor tempo neste percorrido que se fará saíndo tódalas traíñas a unha vez, pero cun marxe dun minuto entre cada traíña, para facer que isto sexa un bo banco de probas e non unha competición coma as que se van disputar en breve.

Haberá un total de 24 clubs coas correspondentes embarcacións. Os dos arredores (Barbanza e Muros-Noia) acudirán todos excepto os da Pobra do Caramiñal dos que “non se sabe nada”, segundo afirmou o presidente da entidade crucense Mario Vidal. Teremos remadores da talla de Rianxo, Esteirana, Muros, Meira, Amegrove, Mecos, Perillo, Tirán, Náutico de Vigo e por suposto contaremos coa maxia e a calidade dos remeiros que conforman o escadrón do Cabo da Cruz.

De seguro que os nosos homes farán unha boa xornada, pois o entrenamento desta xente é intachable. Chegar á noite de traballar, coller a mochila e irse ó Club de Remo a entrenar, a correr ata Boiro, e remar con ese frío e ese mar picado… En fin, que deben de estar feitos doutra pasta. Pero así é como se acadan os premios e as bandeiras que logo tan ben saben: o sacrificio é a base de tódolos obxetivos.

Será unha boa excusa para achegarse ó muelle a ver este evento que nos mostrará como andan as formacións de cara á competición, e tamén para ver o noso deporte rei que nos deu moitas alegrías e levou o nome do Cabo da Cruz por toda a xeografía galega e española.

Artigos relacionados :

 

• Máis noticias enClube de Remo, Novas
• Recibe tódalas novas no teu correo:
  1. Non hai comentarios.
  1. Non hai trackbacks.