Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xuñ
18

As obras no novo porto de Cabo de Cruz levan retraso

construccion

No día de onte houbo unha xuntanza entre os técnicos de Portos de Galicia, as entidades de Cabo de Cruz e mais os rexedores locais, alcalde e tenente alcalde. Na reunión tratáronse varias cousas, pero a principal foi o pequeno retraso que parecen levar as obras do porto debido a varios obstáculos que xurdiron tralo plantexamento dos prazos estimados.

As explicacións de Deira e de Ares foron que a ampliación da escollera tiña que dar remate nestes vindeiros meses de xullo e agosto, pero iso non será posible ata polo menos o mes de outubro según as explicacións dos técnicos. Pero aínda así a xente saíu convencida de dita reunión, xa que se explicaron punto por punto os pasos que levamos dados e os que se darán desta obra.

Un dos motivos do retraso da obra foi que as augas da dársena no mes de maio estiveron bastante turbias, co que non se puido avanzar como se quixera na ampliación debido ó aumento de partículas que había nas augas de Cabo de Cruz. Por este motivo, os camións estiveron parados un total de catro días que se aproveitaron para repoñer as barreiras de protección.

Outro dos inconvintes que tiveron os técnicos de Portos para proseguir coa obra foi que agora os sedimentos para facer a apliación xa non veñen das excavacións do AVE, senón que xa teñen que vir dunha canteira. Isto implica que o número de toneladas de recheo que cada día chegaban, agora se vexa reducido.

Pero o principal problema de avance da obra teno a propia natureza e entorno do muelle que ten unha profundidade duns 15 metros e outros 10 metros máis de fango, co que isto supón un obstáculo considerable. Isto fixo que se construisen a penas cinco metros de escollera nun mes de traballo.

Por diante aínda quedan uns 70 metros de firme por facer, e a entidade da Xunta indica que para a vindeira reunión que terán no mes de setembro, xa estarán listos. Con todo isto, explicaron que a instalación dos pantaláns de terceira e cuarta lista estará concluída para o 2011 tal e como estaba previsto. Con respecto ás pantallas flotantes que darán abrigo á boca da dársena, comezarán a colocarse o mes que vén.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo: