As Festas do Carmen 2010

Agora que xa case todo rematou, si, case todo porque aínda queda algo, podemos concluír as Festas do Carmen 2010. Todo comezou fai uns días, antes do 16 cos partidos correspondentes de solteiros contra casados e solteiras contra casadas. Seguindo o tema polos xa tradicionais xogos populares, bailes, música, etc.
E por fin chegou o día 15, primeiro día das festas deste ano. Foi un día no que o tempo non acompañou nada, pois a choiva fixo que a xente non se animase moito a baixar ó peirao para poder bailar un pouco e escoitalas orquestas que viñan ese día. Pero xusto ese día, a orquesta Costa Oeste non puido tocar por mor do mal tempo que asolou este día, porén o vindeiro día 23 de xullo estarán en Cabo de Cruz para movernos a todos e poñer música ata caer de cu.
Pero o día 16, a Virxe do Carmen tiña xa todo previsto para que o tempo acompañase na súa saída polo mar nos barcos da vila e tamén todo o día inclusive a noite. Púidose ver un cheo en Cabo de Cruz de cara ás 10 da noite xa, e tamén logo cos fogos de artificio que iluminaron o porto de cara á media noite.
Uns fogos que cada ano son máis espectaculares, e segundo as opinións da dirección desta web, os mellores da redonda. Xa que a idea de botalos dende distintos puntos do peirao, a pesares tamén dos que se botaron dende o mar, fixo desta festa un espectáculo digno de ver onde o lucerío se marcaba na faciana dos alí presentes. Por iso, neste ano damos un 10 ós fogos e agardamos sigan así sempre.
Pero xa de cara entrada a madrugada, os corpos ían cansos e algúns mesmo ían para a casa. Pero non todo era cansancio como ides ver no seguinte artigo que imos mostrarvos. De feito, segundo fontes próximas á comisión de festas, prevese que para o ano non se contraten orquestas para a festa por un motivo que ides poder ver mañán nesta web a iso das 12 do mediodía.
Dende esta web, tamén queremos facer público o apoio incondicional dunha veciña de Cabo de Cruz, dunha persoa que dende que nacemos xa fai máis dun ano, sempre estivo ó noso lado. Dándonos noticias de todo tipo, informándonos de todo e facendo deste lugar algo vivo. Un exemplo de lectora deste recuncho adicado a vós, ós crucenses. Trátase de Mary Hermo, sen a cal isto estaría un pouco máis decaído, sen a cal isto non sería o mesmo. Por iso mesmo, queremos dicirche Mary, moitas gracias pola túa axuda e agardamos que sexa de por sempre. Gracias!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Hoxe a iso das 09:00 am xa se podían oír as primeiras bombas na honra das nosas festas do Ca ...
A comisión de festas do Cabo da Cruz xa comeza a súa nova andaina para as Festas do Carmen 2 ...
Agardei ata hoxe para poñer esta entrada, xa que máis de un estabamos de resaca do último dí ...
Sabemos que todos estasdes ansiosos por ver o que van a ser as vindeiras Festas do Carmen de ...
Boas tardes benqueridos amigos da comisión de festas, quixera facer a seguinte proposta xa comen ...


