As festas de Boiro en Facebook

Os veciños de Boiro espabiláronse e decidiron crear un minidebate na rede de Facebook para debatir todo sobre as festas de Boiro. O grupo chámase «Por unhas festas de Boiro decentes e como Dios manda«, e ahí todos poden e podemos facer suxerencias, críticas, aportar opinións e todo o que nos pete con respecto ás xa máis ca famosas festas de Boiro.
A idea xurdiulle un día a un home chamado Nacho Tarela onde lle dou por crear este grupo e así veu como cada día a rede ía traendo opinións de todo o mundo para as festas do verán. Ó pé dunhas 370 persoas son as que forman parte deste debate na rede de redes para que unha vez máis, o noso concello traia a máis xente ca nunca.
O tema das orquestas tamén é un fervor neste debate onde hai xente que aboga polas formacións de élite coma a Panorama ou a París de Noia, pero tamén hai quen rexeita que sexan estas orquestas as que traian a xente a Boiro. Pola contra tamén indican que en lugares coma Cabo de Cruz ou Exipto teñan estes macroespectáculos nas súas festas e o núcleo urbán non.
A cousa tamén vai pola rama política onde se opina si na era Alonso eran mellor ou peor as festas, se a Mostra das Culturas serve de algo ou non nos identifica para nada, se agora é bo que se aposte por uns festexos culturais, etc. En fin, son moitos os temas e cuestións que aquí se debaten para as festas de Boiro que son agardadas por todos.
No que respecta ás festas de Cabo de Cruz, pensamos que deberiamos facer algo semellante e que unese á xente da nosa vila, pois non se pode permitir que a comisión estea soa nestas faenas facendo unhas festas para duas mil trescentas e pico persoas que somos. Sería bo que alguén se animase a facer un fío nunha rede social, ou mesmo aquí, si queredes, para que as nosas festas (como ben sabedes todos) sigan sendo as mellores da redonda. Non queda máis ca ver o ano pasado coa Panorama que non collía unha alma no muelle.
Aquí queda a proposta e que non sexan os de fóra os que vaian por diante, senón que saian daquí ideas e propostas para facer de Cabo de Cruz un lugar memorable en tódolos sentidos.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
A comisión de festas do Cabo da Cruz xa comeza a súa nova andaina para as Festas do Carmen 2 ...
Nas Festas do Castro, os nosos amigos do Esteiro, Fonte de Mouro, Romarís, etc..., tamén nos ...
Nas festas do Carmen, como non podía ser doutro xeito, os de Cabo somos e seremos máis feste ...
Boas tardes benqueridos amigos da comisión de festas, quixera facer a seguinte proposta xa comen ...
Aquí tendes un novo grupo de Facebook no que xa temos un total de 69 seguidores a día de hox ...


