Ampliación do porto de Cabo de Cruz
Como xa se iniciou un artigo nesta web sobre a ampliación do porto de Cabo de Cruz, queremos mostrar como siguen estas obras que xa levan tempo na nosa vila, e teñen aínda un remate que non está próximo, xa que unha obra de tal embergadura e moi esperada por tódolos crucenses. Podemos ver como día a día os camións levan terra para facer o recheo que dará lugar ó novo espigón: 
Logo, as palas que xa se atopan estribando toda a cantidade de terra traída polos camións, son as encargadas de comerlle un pouco ó mar para que esta obra teña que se agarda de sí. Son horas e horas adicadas a un proxecto sen dúbida positivo para a nosa vila, a pesares de tódalas opinións posibles que se poidan escoitar. Isto é o que pasa:

Agárdase que non sexan tardíos os cambios na imaxe da nosa vila por esta nova ampliación, xa que as obras vanse levando bastante ben para acadar a súa fin dentro dos prazos fixados. Serán moitos os turistas que están en Cabo de Cruz que quixeran ter nas súas vilas costeiras un porto coma o que imos ter, ademáis de atraer a unha gran cantidade de turistas cando estea rematado.
¿Pensas que pode ser beneficiosa esta obra para ti? ¿Atópaslle algunha pega ou defecto? ¿Ónde está o límite entre o ecoloxismo e a calidade de vida dun pobo?
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Neste apartado imos a falar sobre as obras de ampliación do porto de Cabo de Cruz. Isto vai ...
Isto xa tiña que ser o pasado 25 de novembro, pero ó parecer o enxeñeiro que leva a obra non ...
Como onte xa se anunciaba, a reunión por parte do concello e entidades locais con portos foi ...
No día de onte houbo unha xuntanza entre os técnicos de Portos de Galicia, as entidades de C ...
Como xa estaba previsto que viñesen os responsables de Portos á nosa vila, onte deixáronse c ...


