Algúns veciños din que os pasos elevados non cadran coas características do vial

Foto de Dani Gestoso para a Voz de Galicia
Os veciños do Cabo da Cruz contrarios á instalación dos pasos elevados seguen cos preparativos para a manifestación do vindeiro sábado en contra dos badéns. A pesares das actuacións propostas polo colectivo veciñal, tamén existen argumentos baseados na normativa vixente que indican que estes pasos non se axustan ó tipo de vía no que se instalaron.
Sinalan que a velocidade máxima da carretera é de 50 km/h, pero salvo en dous badéns, no resto as condicións obrigan a reducir a velocidade ata 30 km/h ou menos. Daquí que os vehículos pesados que transitan pola estrada, vense obrigados a parar totalmente para saltar dito obstáculo. Porén, os veciños afectados afirman que se trata dunha estrada pertencente á Diputación da Coruña cun tráfico elevdo e non dunha zona residencial.
Dende o goberno do concello de Boiro insistiron que xa se baixou o número de badéns establecidos no proxecto orixinal, así como se viron reducidas as alturas dos mesmos para que os vehículos non teñan que deterse totalmente para poder pasar. Pola contra o colectivo veciñal advirte que o problema está nas rampas de acceso ós pasos e non na súa altura.
Salvo os dous badéns máis pequenos (o dos semáforos e o da rotonda de Barraña), os demais contan cunhas rampas dun metro de lonxitude. Segundo os afectados, namentres que a normativa do Ministerio de Fomento establece que esa lonxitude é para viales de 30 km/h. Namentres que os viais nos que se pode circular a 50 km/h, as rampas dos pasos elevados deben ter unha lonxitude de 2,5 metros.
Os manifestantes sinalan como punto final que o goberno local non só incumpre a normativa, senón que tamén falla na súa palabra, pois recalcan que fixeron un esforzo para amañar as cousas pola vía do diálogo, pero isto foi imposible, co cal hai que botarse á rúa.
Artigos relacionados :
E isto sigue con máis masa para facela parede. Dos doce badéns plantexados nun principio de obra ...
Os empresarios mostráronse abraiados pola indecisión do concello en canto ós pasos sobre bad ...
O tema destes últimos días que deu tanto que falar en CaboDeCruz.Net segue sendo o dos pasos ...
- [ ...
Foto da Voz de Galicia





Foto de Dani Gestoso para a Voz de Galicia, este webmaster e a leche
Asi me gusta asi me gusta, jejejejejej, hai que meter caña os crucenses que tamen eles me meten a min caña polo o dos pasos elevados, non salo de alí, ufff
Non te preocupes Dani, sabes que aquí estamos para o que faga falla. Sabes que cometemos erros coma todos, pero a rectificación é inmediata, jeje. Falando de todo un pouco, a ver si nos podes pasar algunha foto da manifestación deste sábado dos pasos elevados? Que non sexan as da Voz, digo por si tes algunha no teu arquivo. E tamén nos interesaría algo sobre o goberno, para ter das dúas partes do asunto.
Un saúdiño!!
sintoo moito pero non tocou a min facer as fotos da manifestación, sintoo e do goberno nada de nada,
para a proxima será