Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  

Clube de Remo

logo_cabo

Escudo do Clube

O Club de Remo Cabo da Cruz fundase o 9 de setembro de 1979, nese mesmo ano iniciase a construcción do que a posteriori convertirase na sua sede social. Durante a tempada 79-80 o clube se inicia no mundo da competición, e durante dez anos será o referente do remo galego tanto en Galicia como a nivel nacional, a través dos campionatos de España nos que participa.

En Galicia, durante os seus primeiros anos, ten o mérito de selo millor clube da zona norte da Federación Galega de remo, mentres que a nivel nacional conta con nove participacións noutros tantos campionatos de España de traineras nos que sempre se clasificou entre os sete primeiros postos excepto no 1989 que consigueu o cuarto posto.

A trainera foi a embarcación por excelencia á que o clube dedicou tódolos seus esforzos. O clube asiste o nacemento de moitas das actuais probas do calendario oficial de remo, tales como: a bandeira Conde de Fenosa, a bandeira Deputación de A Coruña, a Bandeira de El Corte Ingles, a bandeira Xunta de Galicia ou a bandeira Teresa Herrera, nalgunha das cales consegue inscribir o seu nome entre os gañadores.

remeiros_cabo

Remeiros De Cabo de Cruz

A partir de 1990 o clube sofre a su primera crise de remeiros, xa que, o nivel de competición que se empeza a dar tanto no remo galego como no nacional exixe un maior sacrificio por parte dos remeiros, un entrenamento máis duro, serio e da man de entrenadores que conozan ben os entresixos deste deporte. Por outro lado, a dependencia económica de institucións coma A Xunta de Galicia, A Diputación provincial ou o concello non permiten ó clube conseguir medios suficientes para afrontar a renovación das embarcacións: novas traineras van aparecendo no mercado, embarcacións cada vez máis competitivas que evolucionan dende a madeira ó poliéster, pasando polas fibras mixtas ata chegar ás actuais embarcacións de carbono. Esta falta de axudas unida á imposibilidade de atopar na comarca un sponsor que axude a sufragar os gastos que xera ter unhas instalacións propias, xunto coa dependencia económica dos premios conseguidos cada tempada traen consigo una nova crisis que no ano 1992 obliga ó clube a pechar toda a tempada.

Club de Remo

Remo en Cabo de Cruz

A finales de 1993 producese un cambio na directiva da entidade, a anterior directiva dimite e se pon ó frente do clube os remeiros de mais antigüedade, estos fan por primeira vez na historia do clube un planteamiento serio do fomento da cantera a través dun convenio suscrito có concello de Boiro o cal dará lugar a Escola Municipal de Remo. Deste xeito, prepárase un proxecto de adecuación e millora das instalacións, prográmase a renovación das embarcacións para adaptarse ás necesidades da competición e se traballa para diversificar as actividades do clube coa intención de ofertar ós xóves outro tipo de actividades complementarias ó remo. Os resultados de este proxecto están dando os seus frutos dende o ano 1998, na categoría cadete, xuvenil e na femenina, o clube de remo Cabo de Cruz representa a Galicia nos distintos campionatos de España que se celebraron obtendo en bateles e traineras numerosas medallas.

cabo_remo

Clube de Remo de Cabo de Cruz

Alguns dos nosos remeiros formaron e forman parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra donde practican remo olímpico, chegando ó máis alto en campionatos
de España, e incluso a representar ó equipo nacional en dous Campionatos do mundo xuvenil, como é o caso de Esmeralda Santos Maceiras que logrou o quinto posto có 4xJF en Duisburg (Alemania) 2001 e Marcos García Treus que se clasificou en sexto posto no 8+JM en Trakai (Lituania) no 2002. Non son os únicos internacionais, xa que, Ismael Romero Saborido representou ó equipo nacional na Regata Internacional de Munich no ano 2000.

No 2003 o clube de remo de Cabo de Cruz comeza a formar parte da liga ACT.

ergometro_cabodecruzgimnasio_cabodecruz

Nas súas instalacións dispoñen de un ximnasio, vestuarios, oficinas e unha sala de trofeos. Nas imaxes podemos ver o completo ximnasio con ergómetros e máquinas de pesas.