Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  

Actividades

Nesta sección poderedes atopar as actividades de lecer que vos ofrecemos en Cabo de Cruz. Son do máis variado, dende acitividades ó aire libre, deportes, pesca, etc. Para isto imos describir a continuación unha mostra do que podedes facer na nosa vila:

Se por algo se coñece a nosa vila no estranxeiro é polo deporte do remo. Temos a ledicia de contar dende o ano 1979 cun club de remo onde calquera se pode apuntar e así disfrutar deste magnífico deporte. Dicir tamén que o clube foi un dos fundadores da Liga ACT no ano 2003 e que actualmente está competindo na Liga Galega de Traíñas.

Gracias a este deporte, a xente do Cabo da Cruz fixo algo a maiores que é viaxar polos distintos puntos do norte de España. Aínda que agora non son frecuentes estes desprazamentos, as visitas a Cantabria, Santander, País Vasco, etc. eran un dos puntos clave na competición pola prezada bandeira.

Deporte saudable onde calquera se pode poñer a tono e manter unha forma moi boa física, xa que este deporte no Cabo da Cruz está na élite e iso impulsa a ter ós mellores remeiros do entorno, aínda que sempre houbo e hai cabida para todos.

  • Rutas de senderismo en Cabo de Cruz:

A mellor forma de estar en contacto coa natureza na nosa vila é facer unha ruta de sendeirismo. Aínda que este tipo de actividade non está demasiado explotada, temos uns fermosos montes onde o respiro de aire puro fai do Cabo da Cruz un lugar digno de visitar.

Para orientarvos das nosas zonas de monte imos a indicarvos os principais lugares dos que podedes disfrutar:

Monte do Chazo, Monte da Perguisa, Monte do Castro, Monte da Jurita e Charca de Carragueiros.

E para unha maior orientación imos tamén a mostravos unha vista aérea das zonas para que vexades que Cabo de Cruz e natureza sen funden nun paraíso natural.

Paraxes Naturais

  • Zonas de Marcha:

Aínda que en Cabo de Cruz non temos zonas de marcha, podedes estar tranquilos porque tan só a catro quilómetros, concretamente en Boiro, tendes todo o que fai falla para pasar unha noite de movida. Non fai falla desprazarse moito para chegar á zona de confluencia da movida da bisbarra do Barbanza a onde acude xente de tódolos sitios: Rianxo, Pobra, Ribeira, Porto do Son, Noia, etc.

Así que xa sabedes, aquí tendes festa ata altas horas para os que sexades máis festeiros e logo poderedes descansar perfectamente na nosa vila.

  • Pesca en Cabo de Cruz:

Outra das actividades lúdicas desta fermosa vila é a pesca. Sobretodo nos meses de verán é frecuente ver a xente no porto pescando ás luras, ós sargos e a unha chea de peixes que se achegan ata a nosa costa. Se es un privilexiado e tes unha embarcación podes ir a pescar fóra do muelle e mesmo dar unha volta pola Ría da Arousa (a ría por excelencia das Rías Baixas).

No Cabo da Cruz tamén contamos con xente moi experimentada na pesca que a parte de ser unha maneira de pasalo tempo tamén é un medio de vida para os crucenses. Así que xa sabedes, se nos visitades non esquezádela cana de pescar e os utensilios de pesca.

O fútbol tamén é unha alternativa ó deporte do remo na vila. Contamos cun clube que tamén xa ten o seu tempo e historia onde se colleitaron algún que outro triunfo. En época de liga podedes asistir ós partidos que se disputan os domingos pola tarde no campo de Valiño e onde poderedes ver un espectáculo de fútbol asegurado.

Para os máis decididos tamén poderedes formar parte do noso club e así contribuir xogando, na directiva ou mesmo botando unha man. En fin, unha alternativa máis que se che ofrece na nosa vila.