Acordo entre o Cabo da Cruz e Portos de Galicia

Finalmente podemos ver case a fin deste tira e afrouxa entre as entidades locais do Cabo da Cruz e mais os técnicos de Portos pola nova obra do muelle. Primeiramente, Portos comprometeuse a establecer un diálogo bidireccional coa nosa vila para acordar o desenvolvemento desta obra, e tamén para tratar os problemas poidan xurdir a partir de agora. Agardamos que o ente público cumpra de bo xeito cos prazos e orzamentos das melloras e das dotacións de servizos nos arredores do muelle.
O trato foi tamén que a lonxitude do espigón do sur se manteña como estaba previsto, para dar así o abrigo dos ventos de baixo, aínda que quede desprotexido o muelle dos ventos nórdicos pola modificación xa feita no espigón de dentro. Isto vai afectar ó abrigo dos barcos bateeiros que amarren en dita zona, polo que é un dos riscos a corren por esta modificación.
A solución a este problema co abrigo das embarcacións bateeiras é a colocación dun dique flotante, que aínda que non maine de todo a maraxe e o vento coma un dique feito de pedra, pois é mellor ca non ter nada. Este foi un acordo unánime establecido por ámbalas dúas partes, e que se pensa que pode ser a mellor solución para resolver o problema.
Mañá no concello de Boiro serán explicadas todas estas modificacións e as novas directrices da obra ós colectivos e entidades crucenses, onde se agarda a comparecencia de Álvarez Campana, presidente de Portos, para que poida haber un compromiso firme frente a esta exposición de novas solucións. Este compromiso, segundo os crucenses, debe estar abalado por un papel firmado onde se recolla tamén que non se van a recortar os orzamentos da obra, e todos eses cartos que sexan invertidos no Cabo da Cruz.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Como xa estaba previsto que viñesen os responsables de Portos á nosa vila, onte deixáronse c ...
As obras de Portos neste muelle seguen sen convencer ós crucenses dos feitos. Primeiramente ...
José Manuel Álvarez, por fin se mostra e lles dá ós crucenses unha resposta sobre a súa obra ...
Onte tivo lugar a xuntanza de seguimento das obras do muelle do Cabo da Cruz entre os técnicos d ...
Como onte xa se anunciaba, a reunión por parte do concello e entidades locais con portos foi ...


