Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xuñ
05

Accións que emporcan as beirarrúas de Cabo de Cruz

En artigos anteriores vimos como accións de varios veciños de Cabo de Cruz perxudicaban a outros e son accións que cun pouco de coidado se poden evitar. Para isto, tamén temos un pequeno video dun incumprimento da normativa, xa que isto recólleo a lei e mesmo o ensinan cando se quita  a teoría do carnet de coche. Imos ver o video:

Como podedes ver neste pequeno video, o veciño limpa o seu motor despois de vir do mar. Isto provoca que se deixe na rúa todo o lixo, graxa e salitre que poida traer este motor do mar. Aparte de todo isto podemos escoitar o ruído que causa nunha vía pública (que isto sería o menor dos males, pero todo hai que telo en conta). Como todos deberíades saber, non está permitido lavar nada na rúa pública, e cando digo nada refírome a coches, motores e outras cousas que poidan enlixar algo público, non da nosa casa. Se alguén quer lavar o coche debe facelo na súa propiedade e sen botar a auga ó camiño. E isto non o digo eu porque sí, senón que se recolle nunhas normas e leis.

Con estas mostras agardamos que todo veciño e veciña tome nota disto e se conciencie de que o que non quer para si mesmo, que non llo faga ós demais. Para máis agora que temos unhas rúas empedradas que moito costou conseguir e que lle dan un toque decente e bonito á nosa vila, e non o imos estragar con estas pequenas cousas que se poden amañar civilizadamente.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas, Videos

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Mary Hermo

    Isto é penoso, pero eu xa o teño visto en máis de unha ocasión, o problema é que esta xente campa ás súas anchas e ninguén se enfrenta a dicirlles que non está ben o que fan, o que hai que facer é chamar a policia cando vexamos cousas como estás, aínda que todos pisamos a raía eu creo que existe diferencia entre a auga que pode saír de lavar un coche e o gas e salitre que sae dun motor dunha lancha.

    Unha aperta a tod@s.