Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
28

A Policía Local de Boiro desaparece das gardas nocturnas

policia local

Non é cousa nova que a meirande parte do plantel dos axentes da Policía Local de Boiro colla a baixa. Pois ésta é a causa pola cal dende fai un par de días se suspenden as gardas nocturnas por parte das forzas da autoridade do noso concello. Tanto na xornada de onte coma na do sábado, a presencia policial nas nosas rúas estivo marcada pola súa ausencia quedando así o concello e a nosa vila do Cabo da Cruz á merce dos amigos do alleo.

Tamén cabe dicir que existen xa dúas novas prazas vacantes para dous axentes que aínda están formándose na academia para chegar a ocupar finalmente os seus postos. Malia actuación en persoal desta entidade, o número de axentes quédase escaso para cubrir o que é todo o concello de Boiro.

Datos relativos

Como dato tamén podemos botar man do ratio de policía local por habitante. Pois mirando unha nova dun xornal do pasado mes de maio do 2009 este dato afírmanos que a media autonómica de policías locais por habitante é de 0,93 axentes por cada 1.000 habitantes. Tendo o concello de Boiro unha poboación de máis de 18700 habitantes, deberiamos ter ó pé de (así por enrriba) 17 axentes da Policía Local, como moi pouco.

Pero este dato tampouco é alarmante en comparación co resto de Galicia onde ó pé de 172 concellos carecen de Policía Local. Dato significativo para comprobar que tan mal non estamos, pero tampouco estamos no camiño axeitado. No verán, os concellos reforzan a súa seguridade nun 20% por mor da chegada dos turistas, e a meirande parte dos reforzos proveñen da contratación de auxiliares do corpo da policía.

A nosa vila

Agora achegándonos á nosa vila do Cabo da Cruz, cabe dicir que somos máis de 2300 habitantes, polo que nos corresponderían como mínimo dous axentes para dar cobertura á nosa vila, sendo así por cada parroquia que forme parte do concello de Boiro. E cando falamos da nosa vila non debemos esquecer que en canto a roubos debemos recordar os que tiveron lugar non fai moito tempo onde locales coma o Bar Mavi ou o salón de beleza Pelos sufriron as consecuencias dos ladróns como puidéchedes comprobar aquí.

Finalmente agardemos que o plantel dos axentes sexa o axeitado para o noso concello e tamén que o persoal de baixa volte de contado para facer a súa labor na nosa vila e concello.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: