A petición de protección da Confraría ó Consellería do Mar non foi acollida
Dende os aposentos de Rosa Quintana, na Consellería do Mar de Galicia descartan que haxa que emprender medidas adiccionais de seguridade polos altercados vividos fai días e dende fai tempo no Cabo da Cruz. Pese a isto, dende a organización marisqueira, non que quixo acendelo lume afirmando que «Confiamos plenamente na consellería e agardamos que ó final se regulen os mecanismos oportunos para que se erradique, dunha vez por todas, esta praga».
Moitos profesionais do sector marisqueiro teñen medo, e mesmo as súa integridade física corre certo perigo ó afirmar que cada vez, os furtivos vólvense máis agresivos, e mesmo van á praia armados con pedras e paus. Con esta situación, vívese certo medo entre o colectivo que pensa que hai que tomar medidas dunha vez por todas, a pesares de que estas medidas non sexan abarcadas dende a Xunta.
As verbas do patrón maior, Carmelo Vidal, asentan o dito: «Nas últimas fechas vense observando certo grado de profesionalización nos furtivos. Xa non son persoas illadas que van ós bancos marisqueiros a coller o molusco. Agora son grupos organizados, formados por cinco ou seis individuos, que non temen ós vixilantes». Engadindo así: «Esta forma de actuar débese a que os ilegais saben que en cada vehículo do pósito van dúas persoas e aproveitan esta inferioridade numérica para actuar impunemente».
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Dende a entidade local, pedirase á Consellería do Mar que executen medidas cautelares para a ...
Os furtivos poñen son diarios nas praias traballadas polos mariscadores de Cabo de Cruz onde alg ...
Trala visita de onte ó Cabo da Cruz da conselleira do mar, hai que sacar conclusións da súa ...
Carmelo Vidal e Ermitas Pérez, patrón maior e vicepatroa do Cabo da Cruz, reuníronse fai pouco c ...
Segundo as afirmacións na época estival do patrón maior da Confraría de Cabo de Cruz, o mari ...


