Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Ago
06

A navalla chega a mans do marisqueo en Cabo de Cruz

navallas 

Para favorecer ó aumento e tallaxe dos nosos recursos naturais, os mariscadores crucenses inician unha nova campaña: a da navalla. Ó pé duns dez mariscadores comezaron coa extracción deste producto. É unha actividade nova á cal lle poñen entusiasmo os directivos da Confraría para obter uns bos resultados.

Carmelo, o patrón maior, afirmou que gran parte dos mariscadores fixeron xa o curso impartido pola xunta que os homologa a recoller este marisco.

Os mariscadores teñen agora un novo reto de coller a navalla a pulmón coa sinalización dunha boia. As primeiras probas fixéronse en marzo, e este luns comezaron coa tempada de verán.

O patrón indicou que os traballadores están extraendo na zona de Carragueiros onde hai gran cantidade deste marisco. Os topes establecidos son dunha ducia de quilos por mariscador e por día, de momento, xa que a labor ten un bo norte.

O quilo de navalla estase cotizando nestes intres a uns dez euros, prezo razoable se contamos con estes tempos, e pola aposta da recollida deste novo bivalvo para a nosa confraría.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: