A movida de Boiro deixa dous feridos

Unha vez máis, e desgraciadamente, a movida de Boiro volta deixarnos un domingo amargo por culpa das pelexas e dos follóns que saen á luz na noite boirense. O resultado foron dúas persoas feridas no hospital, e unha terceira que tamén tivo que ser atendida polos servizos sanitarios por tentar de mediar nunha das trifulcas.
O primeiro altercado ó parecer aconteceu ás tres da madrugada nun pub da rúa Principal cando a un mozo lle partiron a mandíbula e uns cantos dentes. Posteriormente foi transladado ó hospital da Barbanza, e dahí reconducírono ó Clínico de Santiago para unha reconstrucción maxilofacial. Non hai pistas sobre o posible agresor, aínda que as forzas de seguridade xa traballan en pistas sobre o caso.
A segunda pelexa tivo lugar ás sete da mañán nun coñecido after hour da localidade cando un cidadán brasileiro e mais outro de Noia se enrrolaron nunha pelexa que rematou co brasileiro acoitelado no pescozo. Éste tivo que ser transladado ó hospital para ser intervido cirúrxicamente, onde segue en estado de observación.
O dono do after tamén levou uns cantos cortes nunha man ó tratar de mediar na pelexa e tratar de arrebatarllela arma ó noiés que está á espera de pasar en breve a disposición xudicial, segundo relataron as forzas da orde.
Lamentablemente ténsenos que coñecer por estas cousas que lle botan un manto negro á movida de Boiro provocando así que a xente deixe de acudir á localidade. Isto claramente reflicte en Boiro, no Cabo da Cruz, Escarabote, etc. Pois os propietarios dos locais, a parte de Boiro son dos arredores, entre outros. Agardemos que as autoridades pertinentes tomen cartas no asunto e eviten que isto volte acontecer.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
[caption id="attachment_1121" align="alignright" width="250" caption="Detido en Teixeiro"][/capt ...
[caption id="attachment_1947" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de Queijeiro"][/capt ...
Parece ser que o concello de Boiro ten un problema que non dá amañado, pese á tentativa de p ...
Onte foi detido A.L.R., un veciño de Boiro que cometeu varios delitos antes de ser arrestado ...
Xa son moitas as novas de diversos xornais da comarca que nos mostran o que acontece cada no ...


