Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
16

A formación do Cabo da Cruz aumenta gracias á aula mentor do concello de Boiro

docentes-online

O concello de Boiro volta a ofertarnos cunha chea de contidos de cara este novo Nadal. A formación xa comezara coa construcción dun edificio de formación no polígono de Espiñeira onde se impartirán clases de hostelería e cociña, e agora o rumbo marca un pouco ás novas tecnoloxías. Electrónica, ilustración dixital, redes e computadoras, cultura, ofimática e moitos máis serán os temas a abordar por esta nova aula mentor que abrirá as súas portas en breve na nosa comarca.

O ente local presentou onte a oferta desta nova iniciativa que trata de achegar estas actividades formativas ós boirenses a través de Internet con cursos on-line e cun titor de apoio permanente para o alumnado. Estes cursos son libres e aplican unha nova vantaxe de cara á escolla dos horarios por ser vía web. Cando se complete o curso, farase unha proba na aula mentor da casa da cultura para conceder a acreditación final dos coñecementos obtidos.

Se non tedes conexión a Internet podedes acudir á aula de informática da casa da cultura para poder seguir os cursos dende alí. Na Cahada será tamén onde deberedes solicitar a matrícula dos cursos formativos onde vos atenderá Elena Dosil, como responsable de proxecto.

Esta nova proposta vén dada da man do concello de Boiro en alianza coa Xunta de Galicia e mais co Ministerio de Educación estatal. Dende o Cabo da Cruz agárdase tamén que a nova liña de fibra óptica nos chegue para poder ter unha conexión como Deus manda. Agardamos que as entidades aquí nomeadas poidan botarnos unha man para que a conexión a Internet fomente tamén a nosa formación e capacidade de aprendizaxe.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cultura, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: