Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xul
20

A comisión de festas decide non traer orquestas para o ano

É obvio que non vai haber xa máis orquestas posto que esta actuación composta por Samuel e mais Mila, deixarían en evidencia a calquera solista de calquera orquesta. Como vedes neste video, deléitannos cun dos temas do verán como é «El polvorete», seguido dun máis ca clásico de Pimpinela e para rematar, Mila a unha voz interpreta o single de «Pomba dourada».

Non podemos contarvos máis, xa que sodes vós os que tendes que ver este video e mandarnos outros moitos videos e fotos que teñades para poder colgar aquí da web. Agardamos o voso material para que estas festas non fiquen aló no esquecemento, senón que perduren no tempo aló a onde vaiamos sempre.

Queremos tamén comunicarlle á comisión si nos podería facilitar as fotos das Festas do Carmen deste ano 2010 para poder poñelas aquí para todos e todas vós. Para elo podedes comunicarvos a través da nosa sección de contacto ou como vós queirades. Moitas gracias de antemán e por todo o que facedes por nós. Gracias comisión!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Mary Hermo

    Como xa sabedes o VENRES 23 de XULLO estará para deleitarnos COSTA OESTE E BLANCA DOBLE, así que xa sabemos onde temos que disfrutar o venres pola noite. Esta comisión merece do noso aplauso e de que sempre tratemos de votarlles unha man en todo o que poidamos, a verdade mereceno pois levan aí 9 anos, e ano tras ano foron facendo que as Festas do Carme fosen coñecidas en toda a comarca.

    GRACIAS A TODOS OS MEMBROS DA COMISIÓN.