A Casa do Mar queda baleira no Cabo da Cruz

O Ministerio de Traballo é o propietario da Casa do Mar de Cabo de Cruz, co cal xa se está a notar estes días o desaloxo en dito local por parte do Estado. A finalidade deste desaloxo, digamos que provisional é a restauración do edificio na súa totalidade. Podedes ver que xa por fóra ten falla dunha man de pintura, entre outras cousas e tamén dun lavado de cara en xeral.
Tras meses de intensivas xestións para o translado das entidades alí presentes, a asociación de veciños A Unión, veuse obrigada a desaloxar o local, tratando de buscar outra ubicación. Nestes últimos días leváronse a cabo as tarefas de mudanza da entidade veciñal e o translado foi para o local da antiga barbería que hai diante da Praza do Lorcho. O presidente explicou que voltar ó edificio do Club de Xubilados non era viable, xa que é un espazo moi reducido e non xunta as características axeitadas para o desenvolvemento da actividade da Unión.
Unha vez retirada a asociación de veciños, o único que queda no edificio do peirao é a consulta do médico que segundo explicaron dende Sanidade, non hai ningún motivo para clausurar dita consulta e isto pode seguir coa súa actividade diaria.
Fai xa tempo que se tratou o tema do peche da consulta médica de xeito definitivo na Casa do Mar, pero o concello de Boiro opúxose a tal cousa. O alcalde de Boiro, Xosé Deira, sinalou que no novo centro social hai un espazo reservado para instalar alí a consulta médica nunha mellora das condicións. Pola contra, aínda queda tempo para que as obras no edificio rematen, cousa que se preve para finais deste ano.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
As pesquisas inciais eran facer a obra do novo centro social en tres fases ben distinguidas ...
Despois dunha morea de queixas postas na entidade do Sergas, os veciños de Cabo de Cruz segu ...
Onte firmaron un convenio de colaboración Salvador Fdez. e Xosé Deira actuando como presiden ...
Xa facía algún tempo que non tiñamos novas desta iniciativa crucense: O Socaire. Trátase dun ...
Unha vez máis, o Sergas volve a ofertarnos con burradas aplastantes, e erros de xestión que ...


