Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Set
08

A autovía do Barbanza

Autovia do Barbanza

Que gran polémica trouxo esta obra… A verdade é que, aínda que non nos afecte coma o muelle, as obras non son o noso. Quixera aquí abrir un tema de debate desta obra tamén importante para a nosa comarca. Agora queren trocar a velocidade por a unanimidade dos 120 km/h, xa que na meirande parte do trazado, esta velocidade é axeitada para que os vehículos non corran perigo.

Pero isto xa vén de atrás. E para isto hai que falar un pouco de política. Comezou o PP coa Vía Rápida… Hai rumores de que esa obra inicial, ía ser xa unha autovía (coma a que temos agora, pero ben feita), pero quedou nunha simple vía para automóbiles. Esta etapa foi moi dura, sobretodo para a xente que morreu, e para os que perderon a algún amigo ou familiar, no que se lle chegou a chamar: «A Ratonera», «A Vía da Morte», etc.

_O0D7198

Pero chegou un home chamado Emilio, da man dun amigo chamado Anxo. Ambolos dous, puxéronse ó timón deste navío chamado Xunta de Galicia, e pensaron… Isto non pode ser, temos que cambiar o que fixo o PP, xa que a pesares de estar mal feito, é un perigo constante para os conductores. Ata ahí todo moi ben. Un grande proxecto poñíanos a todos en xaque nos seus comicios. As obras avanzaban a unha velocidade de vértigo, ata que apareceu o primeiro sinal de 100 km/h. E ahí a polémica.

Pero non só foi o tema da velocidade, senón que mesmo se montaron asociacións e plataformas en contra desta obra que metía máis auga ca un cesto de corres. O pavimento deixa moito que desear, a meirande parte das curvas quedaron sen eliminar, o drenaxe é un poema, e todo isto non pode ser que estea acontecendo no S.XXI cando a tecnoloxía traballa por nós.

DSC_3765

Eu tan só lles pediría unha cousa a estes mandatarios que encargaron a obra. Pediríalles que na prensa, en primeira páxina, puxesen ó responsable desta obra, para ter constancia de que este personaxe (porque non pode ter outro nome) quede suprimido de calquera traballo referente á Enxeñería de Camiños, obras, ou todo o relacionado. Quixera tamén que este responsable, fose co seu proxecto desta nova autovía e llo dera a calquera alumno dunha enxeñería para que o presentase como proxecto de fin de carreira, e avaliar así a nota desta chapuza.

Con todas estas verbas non quero mostrar ningún carácter político de ningún tipo. Tan só vos quero facer ver que isto que está acontecendo é porque hoxe (ou onte) en día, a Xunta de Galicia está gobernada por unha pandilla de incompetentes. Agardo o día no que esteamos gobernados por xente honrada, que traballe por e para o pobo.

E vós aínda pensades que todo está ben? Aínda pensades que esta xente pode estar onde está, cobrar o que cobra, e durmir tranquilos? Se tés algunha opinión exprésaa aquí para que se faga constancia de que o Cabo da Cruz ten voz e voto, xa que non imos permitir que nos mangoneen nin no muelle, nin na autovía, nin en ningunha outra cousa.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • http://certo.es xornalcerto

    Mimá, como nos sona a primeira foto… podedes collelas sen problemas do noso Flickr, que para iso está baixo licenza Creative Commons! Nós meteríamos esta tamén
    http://www.flickr.com/photos/certo/3862433405 para ilustrar o contador da morte da vella vía rápida que agardamos non haxa que poñerlle a esta autovía capada que nos fixeron, con rotondas que nin un neno de galescola deseñaría (alomenos en Boiro).

    Polo demais… a tantas obras públicas se lles podería aplicar este post!