Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
10

A ABE opina sobre o vial que une Boiro e o Cabo da Cruz

pasos elevados

Os empresarios mostráronse abraiados pola indecisión do concello en canto ós pasos sobre badéns que van a poñer no vial que une Boiro co Cabo da Cruz. Pese a que xa hai un proxecto sobre a seguridade vial planificado para este tramo, os empresarios queren dar a coñecer as súas intencións.

A primeira é a de por unha liña contínua en toda a estrada para así evitar que se fagan adiantamentos perigosos, e aumente a seguridade do vial provocando a lentitude do tráfico que roda por esta vía pública.

Outra alternativa da ABE é a de rodear os pasos de peóns con adoquíns que fagan que o conductor reduza a velocidade ó chegar á zona peonil sen ter a necesidade de elevar os pasos.

Abogan tamén porque a proposta do concello de establecer dazaoito elevacións dos pasos provocaría que cada pouco se teña que parar co coche, xa que o vial tan só consta duns catro quilómetros.

Todas estas medidas e opinións quedan como iso, como opinións, xa que a última palabra tena o concello para executar a obra o mellor posible e para que así saiamos todos beneficiados.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Manolo

    Que vai dicir a ABE. Esto é cousa do seu presidente, que todos sabemos quen é. De feito é o único que está mantendo isto!