¿Están politizados os pasos elevados?
Este artigo comeza cunha pregunta clave que a moitos crucenses se nos plantexou algunha vez. ¿Está politizado o tema dos pasos elevados?, esta pregunta xurde da voz que se lle está a dar a este tema, tanto nesta web, coma nos diversos medios de comunicación, e sobor de todo, na prensa escrita.

¿Pasos politizados?
Dende o 18 de agosto, aproximadamente, temos esta nova ó lume nesta web do Cabo da Cruz, pero ata fai moi poucos días non vimos a presencia de ningún político (que non fose do goberno) na palestra social. Trala manifestación convocada pola plataforma de afectados dos pasos elevados, vemos como diversos políticos de distintas cores como poden ser Manuel Velo, ou mesmo Juan José Dieste, que se suman indudablemente a esta teima en contra do goberno local. Son os mesmos que se decantan coas súas afirmacións e posturas (igualmente válidas, por suposto) de fondo nos pasos elevados.
Entón, a pregunta é: ¿Ónde estaban vostedes cando xurdiu este tema no Cabo da Cruz? ¿Por qué non opinaron antes nos medios sobre esta cuestión fundamental para a nosa vila? Estas preguntas facíanse nalgúns lugares do Cabo por moita xente que xa ve este tema coma algo enlixado polo afán de pescar uns votos en río revolto.
Sería ideal para este medio de comunicación que xente do PP, de ICB, mostrase aquí a súa opinión ó respecto deste tema. Asi mesmo tamén quixeramos que os nosos dirixentes do goberno local (BNG e PSOE) nos adicasen algunhas liñas defendendo a súa postura. Se isto acontecese todos poderiamos ver a maneira de actuar da nosa política e dos líderes dos partidos e frentes políticos.
Pero o que si non queremos é que deste tema se faga algo co que plantexar un método político ou mesmo unha arma arroxadiza en tempos de campaña electoral. Dende CaboDeCruz.Net pensamos que o tema dos pasos elevados é algo delicado para a nosa vila e tamén algo que hai que tratar coa maior sutileza posible.
Ahí quedan estas cuestións. Por iso agardamos que a opinión dos lectores sexa fundamental para poder ver un núcleo temático dende distintos puntos de vista.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Frente á postura inflexible do concello de Boiro sobre a colocación dos pasos elevados no vi ...
[caption id="attachment_1540" align="alignright" width="316" caption="Foto de Simón Balvís para ...
O tema destes últimos días que deu tanto que falar en CaboDeCruz.Net segue sendo o dos pasos ...
O outro día era habitual ver nos establecementos do Cabo da Cruz unhas follas cun texto en contr ...
No día de onte, ó entrar na web todos puidemos ver un comentario de Suso do Trisquel (por certo ...


