Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xan
03

¿Cómo non facer unha entrevista?

Sorprendente o título deste artigo? Pois non, penso que todo o contrario vendo o que acabo de ver no portal de videos de Google, Youtube. Como anda tan pendente este tema do noso idioma galego, que si decreto si, que si decreto non, que si os pais escollen, que si o de antes era imposición, etc. Todas estas cuestións teñen distintos puntos de vista, pero a obxetividade cae cando este surrealismo se traslada a unha televisión que está ó alcance de todos.

Para os que esteades a estudar periodismo, vouvos mostrar como non se debe tratar a un convidado, a non ser que lle queirades facer un ataque deste tipo. Nestes videos que vos vou mostrar a continuación podemos ver como Carlos Luís Rodríguez entrevista a Carlos Callón no programa Foro Aberto da TVG e faino dende unha perspectiva de loita e ataque de cara ó seu convidado.

Primeiramente vou poñer aquí un video-parodia que se fai en Youtube sobre esta entrevista, si se lle pode chamar deste xeito, no que se poden calificar este tipo de preguntas que o presentador fai. Dentro vídeo:

Vendo isto, xa vos podedes imaxinar como sería o resto. Este home, Carlos Rodríguez pensaba ó comezo da entrevista que o noso veciño de Castiñeiras (Ribeira) ía quedar sen argumentos á espera de algo así. Como vemos, as interrupcións por parte do noso presentador son constantes sen deixar lugar a unha explicación por parte do convidado en moitas preguntas que non interesa que sexan respostadas. Agora déixovos coa entrevista real. Cada un que a califique como queira, que opine sobre se isto é normal na TVG, si pasa só con determinados convidados, ou se foi un mal día que tivo o presentador. Dado que a entrevista dura ó pé duns quince minutos, pois imos por un link para que a poidades ver en Youtube, para favorecer o fluxo de tráfico nesta web.

  1. Aquí tendes a primeira parte.
  2. Logo ven a segunda parte.

Podería tamén tratar de comentar cada parte e cada tramo da entrevista, pero vouno deixar como tarefa para os nosos visitantes e para quen queira comentar algo sobre esta maneira de facer entrevistas. Como ben di o título do artigo: ¿Cómo non facer unha entrevista? Penso que agora, vendo todo isto, a meirande parte de vós coincidiredes con nós en que este non é xeito de tratar a un convidado.

Como dato, tamén comentar que o programa de Foro Aberto é grabado. O presentador tivo que cambiar a camisola ó remate da entrevista, pois a imaxe de Camacho no Mundial de fútbol facíase notar no ambiente de derrota deste home. Isto pasa cando pos tódalas forzas para facer algo que non das conseguido e veste na impotencia de asumir que as cousas non foron como se agardaban.

Agardo que este artigo dea para aquí para un foro aberto, pero para un foro sen ataques, con respeto e cordialidade coa que sempre nos tratamos todos aquí. Agardo con entusiasmo as vosas opinións!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Novas, Videos

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Certo

    Vaia, pensabamos que estabades ao día co asunto! Pero agora caemos na conta que vós chegastes tarde a Facebook (tarde non, máis tarde do que nós) e perdéstesvos todo o debate que esa entrevista xerou, tanto no FB como no Blogomillo ou Chuza! Estas tres «redes sociais», por etiquetalas dalgún xeito, son o termómetro do que pasa ou vai pasar logo nos medios tradicionais… Por iso é convinte estar atentos aos tres.

  • Xoan

    Antes de nada, agradecer as felicitacións de Nadal a tódolos usuarios.
    Con respecto ó das redes sociais, pois non estamos moi ó tanto e eu como usuario non teño nin Facebook nin Blogomillo nin nada diso, e tampouco estou moito á última en estes temas. Pero teño unha boa fonte de información que cando mana algo desa fonte crédeme que é ben certo, pois coñezo ben ó entrevistado e quen mellor ca el para este tipo de noticias. Pero a verdade é que o da TVG está sendo cando menos patético e nótase mogollón a politización do medio. Pois que alguén me diga que esta entrevista é algo normal. A título persoal entrei na web do programa este, e vin algunha que outra entrevista a outras persoas e nada teñen que ver con esta. Como se pode ver a un presentador frustrado que non é capaz de atacar ó seu convidado en vez de facerlle unha entrevista normal que foi o que dixo o director do programa antes da entrevista… Pero en fin, como ben dicides os de Certo, temos que pasarnos máis por esas redes sociais para ver o que ferve nesas olas.
    Un saúdo a todos!!