Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Mar
15

¿Cómo é o transporte público no Cabo da Cruz?

bus

Tras ver un comentario de Carlos Rodríguez, decidimos establecelo coma un artido desta web, pola súa extensión e explicación de certos detalles que pensamos que moita xente descoñece. Co permiso do seu autor, imos a darlle unha maior visión a este tema. Cabe destacar tamén que xa houbo comentarios ó respeto pola nosa amiga e moitas veces colaboradora Mary Hermo. Querendo así tamén tratar de solventar dúbidas dalgúns comentarios anteriores que houbo nesta web. Aquí vos deixo coa explicación do noso transporte público da man dalguén que o vive moi de preto, e ó que lle podedes preguntar calquera dúbida. Sen máis:

Son moitas ás persoas, máis preparadas e formadas ca min, que din que para opinar de algo resulta recomendable documentarse mínimamente sobre a materia. Tras ler algúns comentarios ponse de manifesto que compartides un denominador común: non utilizades o transporte público. En consecuencia, resulta difícil ter unha opinión formada ó respecto e por iso me gustaría, sin ánimo de parecer prepotente pero sí coa experiencia de quen naceu ligado ó transporte público, aportar algúns datos contrastables. Dase a circunstancia de que o “mítico” autobús de Muñiz foi unha das primeiras rotas de Galicia en implantar a tarxeta chip ou monedeiro sen contacto que, por certo, chega a ofrecer ata un 30 % de desconto sobre o importe mínimo de percepción que resulta ser unha tarifa que en ningún caso fixamos os concesionarios senón a Dirección Xeral de Ttes. e que establece, entre outros aspectos, que hai unha distancia mínima na que non se pode cobrar máis pero tampouco menos. Poderíamos falar tamén de que o servicio do que dispoñemos en Cabo está considerado polo ente público que o controla como un referente en canto a número de expedición e sistema de xestión. Álgo do que, os que formamos parte da empresa, nos sentimos orgullosos. Sin que o título concesional nos obrigue a élo, o servicio préstase cun bus de piso baixo contínuo, sistema de axeonllamento, climatización ou mesmo algún outro elemento que nos iguala ó transporte de grandes cidades. En algunhas enquisas que levamos a cabo con motivo da implantación dos distintivos de calidade ISO 9001 e 13816 os nósos clientes destacan moi positivamente a frecuencia, a puntualidade,a amabilidade, a accesibilidade e a limpieza como aspectos máis distinguidos do servicio de Cabo a Escarabote. No relativo á competencia que algúns votades de menos, dicirvos que as concesión de transporte público outórganse previo concurso público e por un período de tempo limitado. As concesións están absolutamente intervidas pola administración e teñen o seu propio sistema sancionador que, no peor dos casos pode dar lugar á caducidade das mesmas. A modo de anécdota, decir que o sistema concesional español é un modelo de referencia hoxe en Europa.

¿que si resulta caro ou barato o transporte público?

Se temos en conta os custes de explotación da maioría dos servicios regulares de Galicia, considerados de débil tráfico de viaxeiros (algunhas non pasan de 10 ó día), o que se traduce en que son deficitarios e necesitan das prebendas dos dereitos de transporte escolar para subsistir, engadido a que, por outra parte,e ó contrario do que sucede co ferrocarril, non existe ningún tipo de subvención inda posibilitando a existencia dunha rede de transporte insustituible nunha comunidade cunha das maiores dispersións poblacionais de Europa, non vos caiba a menor dúbida de que é incríblemente barato. (Iso por non falar do desprecio co que somos tratado polos políticos locais (inexistencia de marquesinas, carencia de información horaria e de rotas, dificultades para reservar zonas de recollida de viaxeiros, ou, porqué non decilo, o risco de que chegue un inepto e convirta unha ruta de bus eficaz nunha proba hípica por obra e gracia de dez pasos de peóns elevados).
Se o que pretenden os nósos gobernantes e que, ó igual que ocurre cos países máis avanzados de Europa, o transporte colectivo se convirta na solución loxística e medioambiental a curto prazo e os cidadáns o vexan como unha alternativa eficaz, baixo o meu punto de vista resulta caro. Curiosamente iste é un claro exemplo da pescadilla que se morde a cola. Se tivéramos bos niveis de ocupación en xeral, poderíase falar doutra tarifa sin poñer en riscos o equilibrio económino concesional. Esto é o que hai. Nada máis. E nada menos. Saúdos.

Agradecer a Carlos esta explicación sobre un tema que a tantos nos implica ou implicou, porque, ¿Quén nunca colleu o bus para ir mesmo ó instituto? ¿Ou para ir ó mercado? , etc.

acceso

Acceso adaptado

E para non dividir este artigo vou a poñervos aquí unha foto enviada por Mary Hermo na que se reflexa a adaptación das paradas do autobús para que os minusválidos e xente con cadeiras de rodas poidan acceder facilmente ó transporte público sen ter que facer maiores esforzos. A foto é de Badaxoz, pero penso que estes sistemas de acceso tamén están postos nalgunhas paradas da cidade da Coruña. Pola mentres aquí podedes ver o sistema onde o bus se inclina mediante un sistema hidráulico (ou algo parecido) que permite o achegamento directo á acera para que todo o mundo poida acceder.

Se tedes dúbidas non reparedes en preguntar, pois nunca se ten tan de preto a alguén que nos poida respostar cunha seguridade do tema tan evidente.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: